Castelao, arte e parte

AC Alexandre Bóveda

O mércores 12 de febreiro, ás 19.30 h, Carmela Galego falaranos do Castelao artista.

Castelao arte e parte. Parte do seu ser, da súa filantropía, da súa determinación en chegar a todos os ollos. A ollos que saben descifrar letras e mesmo aos que lles custa poder ver, porque como el mesmo dicía nunha das súas estampas: “Os ollos non é co que mais se ve, miña vella”. Neste achegamento ao Castelao artista afondaremos nesa dimensión social que o de Rianxo atopa na expresión trazada cos forza dun lápiz e un pincel.

Esta actividade fai parte do ciclo Castelao Sempre que estamos organizando en xaneiro e febreiro.

Carmela Galego é historiadora da arte e profesora de francés. A súa traxectoria profesional está enfocada á comunicación e á docencia en contextos lúdicos e culturais.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 12 Febreiro 2025
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies