
O mércores 19 de febreiro, ás 19.30 h, teremos connosco a Manuel Rei para falarnos de Castelao, desta terra e deste tempo.
Concibimos a Castelao como un “todo” no que -como en calquera persoa- hai unha evolución e unha diversidade de experiencias e momentos; isto é, como unha totalidade estratificada, tanto no pensamento como na práctica (pintor, caricaturista, escritor e político). Non como un fenómeno ou suma de fenómenos atomizados ou parcializados, de compartimentos estancos, senón como diálogo declarado e intertextualidade manifesta. Non está o artista confrontado ou illado do político nin o político á marxe do artista, como ben el mesmo se encargou de advertir en innúmeras ocasións. Hai sintonía de intereses e obxectivos entre ambas as dúas facetas.
Manuel Rei é autor da primeira monografía sobre toda a obra literaria de Castelao, titulada Arte e verdade. A obra literaria de Castelao (1991). Divulgador do pensamento e da actuación política de Castelao desde esa data, con charlas por toda a nosa xeografía e fóra dela. Autor de varios libros sobre Castelao: Castelao e Sempre en Galiza, Afonso Daniel Castelao, Castelao: Desta Terra, deste tempo, Volver a Castelao, 2011.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.