
O venres 21 de marzo, ás 19.30 h, no Día Internacional da Poesía, convidámoste a poñer a palabra poética ao servizo da causa do pobo palestino coa Cerimonia de Gaivotas por Palestina.
A Cerimonia de Gaivotas é un micro aberto de poesía que botou a andar hai tres anos da man de Branca Trigo e Alfredo “O Hanabi” Vázquez (cofundadores tamén da editorial independente Malafera). De comezo celebrábase en diversos locais de Vigo, pero co tempo, ao acadar participantes doutras zonas de Galiza, a cidade olívica empezou a alternar coa Coruña e Ourense.
Supón un espazo seguro, libre e autoxestionado no que compartir os intereses creativos tanto de poetas xa recoñecides como de afeccionades á poesía, animándose moites deles a recitar en público por primeira vez.
O sistema de funcionamento é moi simple: o micro queda a disposición de quen queira e se anime a participar, no momento que o desexe. Só se establecen dúas normas: ser moderades no tempo, para deixar tempo aes demais, e non lanzar dende o micro mensaxes de odio, para garantir a seguridade do espazo.
Esta actividade realízase en colaboración con UDCxPalestina.
As persoas que nos acompañedes levaredes de agasallo un exemplar da antoloxía poética de De amor e desamor (2009).
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR