
O venres 15 de maio, ás 19:30 horas, dentro do Cineclub Bóveda presentamos a proxección de A Fidai Film (2024), do cineasta palestino Kamal Aljafari.
Premio Cineuropa en 2025 e obxecto de retrospectivas en festivais coma o Indielisboa ou Documenta Madrid, o palestino Kamal Aljafari leva dúas décadas construíndo unha obra que compatibiliza un inequívoco compromiso coa causa da súa nación coa lucidez e o rigor na análise das raíces da barbarie. Grazas á xenerosidade do cineasta, temos a honra de programar, por primeira vez na cidade, a súa obra mestra A Fidai Film, que se vale de material de arquivo para contar, sen medo á experimentación formal, un século de asoballamento. Simplemente un dos filmes máis importantes dos últimos anos.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.