
O venres 20 de novembro, ás 19.30 h, continuamos, dentro do Cineclub Bóveda, co ciclo dedicado á presenza de Bertolt Brecht no cinema coa proxección de O camiño soñado.
Angela Schanelec é un dos nomes representativos da xeración de cineastas que se deu en chamar “Escola de Berlín”, canda Christian Petzold ou Thomas Arslan. Nas súas películas, presentadas nos festivais de Cannes, Berlín ou Locarno, foxe das accións dramáticas convencionais e das interpretacións naturalistas para, sen medo a certo grao de abstración, crear outra forma de emoción e de conexión intelectual do espectador que non é difícil conectar co legado de Bertolt Brecht. En O camiño soñado emprega dúas relacións de parella para construír un fascinante estudo sobre a memoria e o amor.
Esta proxección conta, unha vez máis, coa colaboración do Instituto Goethe.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies
Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.
Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.
Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.
Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.