O luns 9 de decembro ás 19:30h realizaremos a sesión mensual do Cineclub Bóveda. Nesta ocasión proxectaremos Amencer (F. W. Murnau, 1927).
O inmenso prestixio que acadou Murnau con marabillas feitas na súa Alemaña natal como Nosferatu, O último ou Fausto fixo que a industria de Hollywood puxera os ollos nel. Dispuxo de medios xenerosos para concibir o seu primeiro filme americano, Amencer, unha obra mestra gañadora dun Óscar único, o de “mellor filme artístico e único” que nunca máis se concedeu. O luns 9 rendemos tributo a un clásico inesgotábel de inmensa influencia sobre os máis grandes cineastas daquel tempo.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR