
O venres 27 ás 19.30 h, dentro do ciclo CINECLUB BÓVEDA, prosegue o foco dedicado ao cineasta alemán Christian Petzold que desenvolvemos en colaboración co Instituto Goethe coa proxección da película Bárbara (2012), protagonizada por Nina Hoss e Ronald Zehrfeld.
Gañadora do premio á mellor dirección da Berlinale, o filme, ambientado nos anos 80 na República Democrática Alemá, ten na Bárbara do título o personaxe principal, unha doutora que é afastada do seu posto nun prestixioso hospital berlinés e trasladada como castigo a un pequeno centro médico nunha vila. O afinado retrato social e político dos estertores da época socialista convive, nas mans de Petzold, coa empatía cara aos personaxes e a esperanza no amor e a humanidade.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.