
O mércores 29 de abril ás 19.30 h, dentro do Cineclub Bóveda, proxectaremos Ceo Vermello.
Unhas semanas despois da estrea en salas comerciais do seu novo filme, Espellos nº 3, pechamos o foco dedicado ao director Christian Petzold coa súa anterior longametraxe, Ceo Vermello. Unha alfaia sobre o amor e a morte e sobre como a literatura se entrecruza coa vida, o máis parecido a unha comedia na filmografía do alemán.
A actividade desenvólvese en colaboración co Instituto Goethe.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.