
O venres 13 de marzo, ás 19:30 h, no noso local, organizamos unha nova sesión do Cineclub Bóveda coa terceira entrega do ciclo dedicado ao cineasta alemán Christian Petzold, que desenvolvemos en colaboración co Instituto Goethe. A sesión presenta un relato arredor dun refuxiado político na Segunda Guerra Mundial que ten a audacia de empregar unha ambientación contemporánea para tecer un elocuente paralelismo entre pasado e presente. Unha nova e fascinante relectura do melodrama clásico, con Casablanca como referente posíbel e un magnífico Franz Rogowski como protagonista.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.