
O venres, 28 de novembro, ás 19.30 h, teremos unha nova sesión do Cineclub Bóveda, coa proxección de Cinco cartuchos (Frank Beyer, 1960).
O filme que lle deu fama e prestixio ao director Frank Beyer é un magnífico achegamento á Guerra Civil española feito na Alemaña do Leste. Cinco cartuchos narra a peripecia de cinco membros das brigadas internacionais que deben transportar unha importante mensaxe coa ameaza sempre presente do inimigo fascista e as duras condicións do territorio. Unha sorte de singular western bélico non moi afastado do espírito do mellor John Ford.
Duración: 84 minutos.
É a terceira sesión do ciclo de cinema alemán que organizamos en colaboración co Instituto Goethe.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.