
O venres 19 de decembro, ás 19:30 na sesión mensual do Cineclub Bóveda proxectaremos Eolomea (1972) de Herrmann Zschoche.
Nos anos 60 e 70 nos cinemas do leste producíronse magníficas películas de ciencia ficción, entre elas obras de culto de Andrei Tarkovsky como “Stalker” e “Solaris”. “Eolomea” é un dos mellores exemplos do xénero, a perfecta demostración de como unha fantasía espacial serve para reflexionar sobre problemas cotiáns da sociedade na Terra.
É a cuarta entrega do ciclo de cinema alemán que desenvolvemos en colaboración co Instituto Goethe.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR