
Comezamos unha nova tempada do Cineclub Bóveda coa proxección de Estrelas (Stern).
Realizada a finais do verán de 1958 na contorna de Sofia (Bulgaria) e estreada na primavera de 1959, a coprodución entre RDA e Bulgaria STERNE (ESTRELAS) foi un fito por relatar, dende a perspectiva alemá, a barbarie do xenocidio e a represión nazi contra o pobo xudeu. O filme, dirixido por Konrad Wölf, levou o premio especial do xurado no Festival de Cannes 1959 e na edición deste mesmo ano foi exhibida unha copia restaurada dentro da sección Cannes Classics. Con este filme iniciamos un pequeno foco dedicado a clásicos non tan coñecidos do cinema alemán grazas á colaboración do Instituto Goethe. VOSE.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR