
Dentro do ciclo “A pegada de Bertold Brecht”, o venres 25 de setembro ás 19.30 h proxectamos no Cineclub Bóveda o filme “Kuhle Wampe” (Slatan Dudow, 1932).
Coa colaboración do Instituto Goethe, iniciamos unha nova serie que explora a presenza e a influencia do dramaturgo no cinema, abrindo cunha das súas contadas colaboracións directas para a pantalla grande como guionista xunto a Ernst Ottwald. A longametraxe foi cuestionada polo goberno alemán por presentar unha visión crítica e pesimista do sistema social, estreándose con algúns minutos eliminados. A instauración ao ano seguinte do réxime nazi supuxo a súa prohibición total, desaparecendo de circulación durante varias décadas. Hoxe redescubrímolo como a radical obra mestra que sempre foi.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.