Cineclub Bóveda: Lettre de Beyrouth

AC Alexandre Bóveda

Retomamos este ano o Cineclub Bóveda, coa proxección de Carta dende Beirut, o luns 13 de xaneiro ás 19.30 h.

Grazas á colaboración da Association Jocelyne Saab, que preserva e difunde a obra desta grande directora libanesa, afondamos un pouco máis no seu traballo como documentalista. Nesta sesión veremos o filme Carta dende Beirut (1978), realizado tres anos despois do inicio da guerra civil no Líbano. A directora regresa á súa cidade por uns meses e vive unha estraña normalidade entre a guerra e a paz para tecer un retrato poético e humanista da vida cotidiana nun país devastado pola violencia.

A duración do filme é de 52 minutos.

DATOS DO EVENTO

Data: Luns, 13 Xaneiro 2025
Hora: 19:30
Lugar: AC Alexandre Bóveda - Rúa Santo André, 36 - 1º - 15003 A Coruña
Tipo de evento: Proxección

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies