Cineclub Bóveda: Luna (Pablo Casanueva, 2024)

Cineclub Bóveda: Luna (Pablo Casanueva, 2024)

O xoves 16 de xullo ás 19.30 h, o Cineclub Bóveda pecha a súa tempada cunha sesión moi especial coa proxección do filme documental Luna (2024) en presenza do seu director, o asturiano Pablo Casanueva (1995).

Luna explora a memoria dos seus familiares polos lugares onde estiveron após seren represaliados polo franquismo. A súa busca a través dos arquivos públicos e domésticos lévao a campos e cárceres, tamén na Galiza. Unha ponte entre xeracións na procura da verdade e a xustiza. A sesión contará con presentación e coloquio co cineasta.

DATOS DO EVENTO

Data: Xoves, 16 Xullo 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Proxección

Inscrición necesaria

Inscríbete