
O mércores 16 de xullo, ás 19.30 h, cerraremos este curso do Cineclub Bóveda, coa proxección de O quimono vermello.
Despois de varios anos afastada do cinema, a actriz Dorothy Davenport regresou como produtora para impulsar filmes sobre temas sociais e alentar debates públicos. É o caso d’O QUIMONO VERMELLO (Walter Lang, 1926), baseada nun caso real, que se atreve a tratar o drama da prostitución e a difícil reincorporación á sociedade dunha muller despois dunha experiencia traumática.
Veremos o filme con acompañamento musical en vivo a cargo de María Pilar Pérez Rodríguez, violinista natural de Boñar, na provincia de León, que estudou en Oviedo e traballou principalmente coa OBC (Orquestra Sinfónica de Barcelona), a Orquestra Sinfónica de Asturias, a Orquestra de Euskadi e outras agrupacións de música de cámara.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.