
O luns 16 de xuño, ás 19.30 h, teremos unha nova sesión do Cineclub Bóveda, coa proxección de O Sáhara non se vende (1977), de Jocelyne Saabe.
En colaboración coa Association Jocelyne Saab, que preserva e promove o legado da falecida cineasta libanesa, programamos o documental que filmou entre xullo e novembro de 1977 sobre a guerra no Sáhara Occidental, O Sáhara non se vende (Le Sahara n’est pas à vendre). Un traballo maxistral que expón a resistencia saharauí e a loita do Fronte Polisario e nos serve para poñer o foco sobre un conflito aínda sen resolver e ao que lle dedicamos este ano especial atención na semana do Día Mundial das Persoas Refuxiadas.
A duración da película é de 90 minutos.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.