Cineclub Bóveda: «Quen ama a terra»

AC Alexandre Bóveda

O luns 20 de outubro, ás 20.00 h, teremos unha nova sesión do Cineclub Bóveda: Quen ama a terra.

Do 28 de xullo ao 5 de agosto de 1973 celebrouse en Berlín Leste o 10º Festival Mundial da Xuventude e o Estudantado, que recibiu oito millóns de visitantes baixo o lema “Pola solidariede Antiimperialista, a Paz e a Amizade”. O documental WER DIE ERDE LIEBT (QUEN AMA A TERRA), realizado por Joachim Hellwig, Uwe Belz, Jürgen Böttcher e Harry Hornig, recolle a efervescencia deses días e a palabra dalgunhas figuras convidadas, como Yasser Arafat ou Angela Davis, así como as actuacións musicais de, entre outros, Isabel Parra. Segunda sesión do ciclo de cinema alemán que organizamos en colaboración co Instituto Goethe.

DATOS DO EVENTO

Data: Luns, 20 Outubro 2025
Hora: 20:00
Tipo de evento: Proxección

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies