
Dentro do ciclo Outras historias do cinema, o xoves 4 de xuño ás 19.30 h teremos unha sesión dedicada ao Cinema Kurdo.
O Kurdistán, a maior nación sen estado do planeta, está poboado por máis de corenta millóns de persoas repartidas principalmente entre Irán, Iraq, Turquía e Siria. O pobo kurdo leva un século loitando pola defensa da súa identidade, a súa lingua e a súa cultura fronte á represión totalitaria, nun exemplo de tenacidade e resistencia. Nesta sesión destacamos a creación fílmica dos cineastas do Kurdistán, con obras premiadas en festivais como Cannes e San Sebastián, e achegarémonos a un autor emblemático, Yilmaz Güney, que padeceu a prisión e o exilio.
Para falarnos de todo isto, contaremos con Martin Pawley, crítico e programador cinematográfico.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.