
O venres 17 de xullo, ás 19.30 h, organizamos no noso local unha xornada dedicada á gastronomía palestina. Da man de Kamal Ubeid, reposteiro nado nos campos de refuxiados do Líbano e que vén de abrir a “Pastelería Palestina” no Centro Comercial Catro Camiños da Coruña, probaremos algúns dos sabores máis característicos do seu país.
Degustaremos o “maqluba”, un prato de arroz con verduras que significa “ao revés” e que se envorca no momento de servir para darlle a súa aparencia particular. Tamén descubriremos a repostería do Levante mediterráneo (Palestina, Líbano, Siria e Xordania) a través de pezas como os baklava, os niños de pistacho, anacardo e améndoas, e os maʿamūl, uns bolos recheos de dátiles da rexión moi distintos aos habituais. Durante a sesión charlaremos con Kamal, quen nos explicará curiosidades como o método de preparar o té e o café sobre area quente.
Para quen queira, haberá caixas de pasteliños á venda para levar á casa.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.