Conversas da V Festa Amergin

Conversas da V Festa Amergin

O venres 26 de xuño ás 19 h, acollemos as conversas da Festa Amergin 2026: Literatura e Natureza.

As aves das Illas de alén do océano con Antonio Sandoval: O escritor naturalista e ornitólogo falaranos nesta palestra sobre as aves que chegan até aquí desde illas tan remotas que semellan pertencer ás cartografías das antigas lendas mariñas. Falará tamén sobre algunhas lendas, sobre unhas viaxes que semellan fabulosas, e sobre cartografías mesmo debuxadas con recendos oceánicos… Todo iso entre outras moitas cousas.

Literaturas oceánicas con Teresa Ramiro e David Clark: A poeta Teresa Ramiro falaranos das creacións literarias nacidas á beira do océano, onde a memoria e a identidade dialogan a través das palabras. O profesor da UDC e director do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses Amergin, falará sobre a sombra de Galiza e o océano Atlántico na poesía irlandesa contemporánea.

Acceso libre, non fai falta inscribirse.

E non esquezades que o sábado será a FESTA AMERGIN na praia do Areal desde ás 20:30 h.

DATOS DO EVENTO

Data: Venres, 26 Xuño 2026
Hora: 19:00
Tipo de evento: Palestra