
O luns 9 de marzo, ás 20:00 h, acolleremos a presentación do libro Crónicas transatlánticas. De cinza e sal, editado por Laiovento. Contaremos coa presenza do seu autor, o historiador Bieito Alonso, para debullar unha obra que rescata do esquecemento a memoria das “seres de abaixo”.
Neste ensaio, Alonso afonda nas historias de vida de fogueiros, mariñeiros e estibadores: homes-máquina que acompasaban o seu ritmo vital coas caldeiras e os motores, traballando en condicións de extrema dureza, explotación e invisibilidade. O libro pon o foco naqueles emigrantes galegos que, malia seren considerados marxinais nos xornais ou na academia, exerceron como verdadeiros líderes sociais e sindicalistas nos portos da América atlántica.
Bieito Alonso (Ourense, 1958) é un prestixioso historiador cunha dilatada traxectoria no estudo do nacionalismo e do movemento obreiro. Entre a súa prolífica bibliografía destacan obras fundamentais como O exilio de Castelao (1939-1950), O sindicalismo nacionalista galego ou Anarquistas galegos en América, traballo polo que recibiu o Premio da Crítica de Galicia en 2020. Con Estendendo a rebelión, tamén foi galardoado co Premio Manuel Murguía de Ensaio en 2021.
Nesta sesión, teremos a oportunidade de conversar con el sobre como estas crónicas transatlánticas reconstrúen un mundo volátil e líquido que, ata hoxe, permanecía fuxidío tal que sombras baixo a cuberta dos grandes barcos.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.