
O sábado 29 de novembro, de 18:00 a 20:30, terá lugar na nosa sede un curso de Introdución á Astronomía, impartido por Martin Pawley, e que facemos en colaboración coa Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
Neste curso aprenderemos a manexar un planisferio celeste (entregarase un a cada persoa asistente) e con el saberemos recoñecer as constelacións e a orientármonos no ceo. Saberemos un pouco máis sobre as estrelas (que son, como se forman e a súa evolución ao longo do tempo) e sobre o noso sistema solar e os corpos que o forman.
Tamén falaremos sobre o problema da contaminación luminosa e o seu impacto na natureza e a observación astronómica.
A inscrición é gratuíta e terán prioridade as persoas socias da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
Martin Pawley é membro da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
DATOS DO EVENTO
PRAZAS ESGOTADAS
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR