Da aldea ao transatlántico: A viaxe silenciosa da emigración galega (1880-1930)

Da aldea ao transatlántico: A viaxe silenciosa da emigración galega (1880-1930)

O mércores 16 de setembro, ás 19:30 h, a nosa asociación acolle a palestra Da aldea ao transatlántico: A viaxe silenciosa da emigración galega (1880-1930), unha oportunidade para coñecer a historia máis humana e menos coñecida do noso éxodo.

Máis alá dos grandes mitos e das cifras oficiais, esta conferencia repasa o día a día de quen tivo que marchar e o que acontecía nas adegas dos barcos de vapor. A partir das memorias dos inspectores que viaxaban a bordo, coñeceremos as estratexias de supervivencia, os abusos e as redes de axuda mutua que as familias do noso rural organizaron para afrontar unha travesía chea de perigos. Desde a partida da aldea ata a chegada aos portos de destino, a charla repasa as luces e as sombras dun proceso colectivo que marcou a identidade de Galiza.

A conferencia será impartida por Jorge Castro Ruso, bibliotecario con longa traxectoria e relación estreita co mundo da emigración galega. Durante 20 anos impartiu cursos e coordinou actividades en centros galegos da Arxentina, Uruguai, Brasil, Venezuela, Cuba, Alemaña e Suíza, países aos que viaxou en repetidas ocasións, e traballou tamén en diferentes etapas na Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 16 Setembro 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete