
O mércores 14 de xaneiro, ás 19.30 h, achegarémonos á historia recente de Ruanda coa charla “Da historia dos meus pais á miña: unha viaxe ruandesa”. A sesión estará marcada polo percorrido dende o xenocidio de 1994 ata a laboriosa reconciliación nacional actual.
A través da historia da súa propia familia, Béni Ndayisaba dará conta da memoria daqueles meses traumáticos, os xuízos posteriores e a difícil volta á normalidade nun país que nos últimos vinte anos experimentou un crecemento económico sostido e grande. Béni Ndayisaba é un estudante de 24 anos de economía internacional que chegou á Coruña no marco dun intercambio universitario. Naceu en Gikondo, Ruanda, mais criouse en París dende moi pequeno canda os seus pais e irmáns.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.