
Con motivo dos 75 anos do falecemento de Castelao, a Fundación Galiza Sempre comeza a súa xeira de actos a próxima fin de semana, para render homenaxe á súa figura e ao seu pensamento político.
Castelao deixounos un inmenso legado artístico e político que son inseparábeis, pois nas dúas facetas demostraba o seu comprimiso coa soberanía nacional, a defensa dun modelo que cuestionase o capitalismo ou a aposta polo antiimperialismo e a solidariedade entre os pobos. Castelao non vivía á marxe doutras realidades, e desde moi pronto entrou en contacto con outras nacións sen estado para coñecelas de primeira man. Un dos pensadores políticos con quen chegou a ter vínculos foi co andalucista Blas Infante, precursor do Estatuto de Autonomía para Andalucía e cun papel decisivo para dotala dos seus símbolos, como a bandeira e o himno. Blas Infante sempre demostrou un grande interés por Galiza, o cal se demostra coa viaxe que realizou ao noso país en 1929 e que deixou documentada.
O pensamento político e obra das dúas figuras teñen amplos paralelismos: a defensa da soberanía co anticolonialismo e socialismo, a defensa das clases populares e a defensa de nacións integradoras e solidarias, como ben demostran os artigos que Antón Vilar Ponte realizou sobre as coincidencias entre o galeguismo e o andalucismo.
Para abordar o pensamento destas dúas figuras e analizar os paralelismos entre Galiza e Andalucía, contaremos co ensaísta e membro do padroado da Fundación Galiza Sempre, David Rodríguez e co historiador e sociólogo especializado no pensamento político andaluz, Javier García. Farémolo a través dun encontro que terán lugar o domingo 26 de xaneiro, ás 12 horas, no noso local. O acto será presentado por Keina Espiñeira, profesora na Facultade de Socioloxía da UDC.
As persoas que nos acompañedes levaredes de agasallo o caderno de 23 páxinas 75 anos do Legado de Castelao que publica a Fundación Galiza Sempre.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies
Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.
Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.
Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.
Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.