
O venres 17 de abril, ás 19.30 h, acollemos a presentación de Depósitos de ancestralidade. Histórica crítica do realismo máxico galego. «Iso é realismo máxico galego!». Esta frase, repetida ata converterse nun lugar común, suxire que en Galiza a fantasía brota da terra como unha forza natural. Pero e se esta idea, lonxe de ser unha verdade ancestral, fose en realidade unha sofisticada construción cultural?
Neste ensaio, publicado na colección Clara Corbelhe da editorial Laiovento, o autor Pablo Pesado emprende unha viaxe de deconstrución histórica para demostrar que o realismo máxico galego foi un fenómeno importado, mediado e funcional a intereses políticos e literarios moi concretos. O acto contará coa participación do propio autor.
Pablo Pesado (Santiago de Compostela) é profesor de Lingua e Literatura Galega e investigador en Estudos da Literatura e da Cultura. Está especializado na análise marxista e sociolóxica dos campos literarios e nos procesos de perda de autonomía na literatura contemporánea, con especial atención ao sistema galego. Desenvolveu estancias de investigación en centros internacionais de referencia e é autor de diversos estudos sobre realismo máxico, extractivismo cultural e as relacións entre literatura, poder e mercado. En 2023 publicou a novela Gastrulación (Boadicea).
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.