
O luns, 18 de agosto, ás 19.30 h, como todos os anos, conmemoramos o Día da Galiza Mártir, en Catro Camiños, diante da escultura a Alexandre Bóveda.
A Irmandade Galega de Arxentina, presidida por Castelao, decidiu instituír, o 17 de agosto, coincidindo co aniversario do fusilamento de Bóveda, como o día da Galiza Mártir.
Neste día, personificando en Alexandre Bóveda, figura clave para o nacionalismo galego, fundador e logo secretario de organización do Partido Galeguista, vítima da barbarie fascista, vilmente asasinado na Caeira (Poio, Pontevedra), rendemos homenaxe a todas as persoas represaliadas e lembramos, igualmente, todas as vítimas da represión franquista.
Contaremos coas intervencións de Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago, e Marisol García Juárez, presidenta da AC Alexandre Bóveda.
E como xa é tradición, teremos unha pequena intervención musical, nesta ocasión a cargo de Davide Salvado e Fransy González, dúas das voces máis representativas da música tradicional galega. Davide, músico autodidacta que recolleu e reinterpretou cantigas populares por toda Galicia, foi distinguido nos Premios Martín Códax de música tradicional (2014 e 2017), formou parte de proxectos como Ecléctica Ensemble e presentou Galicia no WOMEX 2014 co seu trío solo trad + contemporáneo. Pola súa banda, Fransy González, que participou nun grupo de investigación para recoller cantos tradicionais na comarca de Bergantiños, levou a cabo un intenso labor de recuperación do repertorio vocal tradicional e colaborou con artistas como Carlos Núñez, Dulce Pontes e Jordi Savall, entre outros. Actualmente, ambos artistas traballan xuntos nun proxecto musical do que tamén forma parte Cibrán Seixo.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.