
O domingo 18 de maio ás 12.00 h realizaremos un acto polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS diante do Teatro Rosalía.
Esta actividade que organizamos cada ano en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) chama a ler ao autor/a homenaxeada no Día das Letras Galegas e que neste 2025 está dedicada á poesía popular oral, personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
Este é un ano especial porque homenaxea tamén a moitas mulleres, a meirande parte delas anónimas, que foron figuras centrais na creación, preservación e transmisión da lingua e da cultura galega.
Se ben a música foi da man da poesía sempre nesta festa do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2025 é mais claro que nunca. É por iso que pensamos algo especial:
Se te animas a ler/cantar pola túa conta, cando teñas escollido o texto, dínolo, e así xa o “reservamos” para ti. Para o obradoiro e para asistir a toda a actividade non é necesario inscribirse.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR