Outras historias do cinema: Directoras no cinema mudo

AC Alexandre Bóveda

O xoves 10 de abril ás 19.30 h, Martin Pawley falaranos das directoras no cinema mudo.

Durante as primeiras décadas do cinema, no período mudo, a presenza de mulleres como directoras non era nin moito menos excepcional, nin sequera na poderosa industria estadounidense. Son ducias e ducias os nomes das creadoras que, con diferente grao de continuidade, fixeron achegas importantes e nalgúns casos mesmo acadaron postos de relevancia nas principais compañías da época. Nesta sesión repasaremos algunhas destas figuras pioneiras que contribuíron ao avance popular e artístico das películas.

Esta actividade fai parte do ciclo Outras historias de cinema que imparte Martin Pawley, produtor, crítico e programador de cinema.

DATOS DO EVENTO

Data: Xoves, 10 Abril 2025
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies