
O venres 11 de setembro, ás 19.30 horas, acollemos un acto informativo sobre os dereitos sanitarios ao final da vida, organizado conxuntamente coa asociación Dereito a Morrer Dignamente (DMD Galicia).
Nesta sesión abordaranse os aspectos clave para elaborar e rexistrar o testamento vital, coñecido en Galicia como Documento de Instrucións Previas. Este instrumento permite decidir que tratamentos recibir ou rexeitar no caso de sufrir un deterioro irreversible da saúde e perder a capacidade de tomar decisións. As médicas Isabel Blanco (presidenta de DMD Galicia) e Carmen Fernández Casabella, xunto co xornalista e secretario da entidade Antón Ferreiro, explicarán o procedemento paso a paso, como formalizalo e onde rexistralo para garantir o cumprimento da vontade individual.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.