
O mércores 27 de novembro, ás 19.30 h, presentaremos o audiovisual Doe o Courel, de Xacobe Meléndrez Fassbender.
A mediados do mes de xullo de 2022, despois dunha primavera moi seca, a Serra do Courel, unha das xoias botánicas e paisaxísticas de Galicia, sufriu un Grande Incendio alimentado pola inxente cantidade de combustible acumulado, as condicións meteorolóxicas e a orografía. Máis de 13.000 hectáreas arrasadas polo lume, no que foi o maior incendio que se lembra. Sonia e Oscar vivíronno en primeira persoa, con risco para as súas vidas. Eiquí narran a súas respectivas experiencias, os sentementos que se desataron neles e formulan as dúbidas e esperanzas que poden traer as decisiones que se tomen de hora en diante.
Incorpora a voz de dous poetas, Helena Villar Janeiro e Uxío Novoneyra (gravación histórica). Con música realizada específicamente para o documental, “Vento do Courel”, pola cellista
Jimena Andión e o tema “Doce campanadas” de Diego Vasallo.
Ao finalizar a proxección teremos un debate coa presenza do realizador, Xacobe Meléndrez. Estará tamén Sonia García García, xeógrafa, escritora e docente, e unha das dúas persoas que amosan a dramática experiencia vivida naquelas xornadas.
Duración aproximada do documental: 40 minutos.
DATOS DO EVENTO
PRAZAS ESGOTADAS
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR