O luns 7 de xullo, ás 19.30 h, no noso local, teremos a actuación do Dúo AEDOS: Trobadoras.
Dúo AEDOS está composto por Julia Dopico Vale e Susana de Lorenzo. Trobadoras, é o título deste programa para dar a coñecer, reivindicar e pór en valor as mulleres compositoras.
Julia Dopico co laúde e o canto lírico de Susana de Lorenzo farán para nós un repaso pola música que compuxo Safo, Kassia de Constantinopla, Hildegard von Bingen, Gracia Baptista, Beatriz de Dia, Francesca Caccini, Barbara Strozzy ou Maria Balteira.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR