Eclipses no cinema

Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, AC Alexandre Bóveda

Tras o éxito da primeira convocatoria que encheu o aforo, o martes 27 de xaneiro ás 19:30 horas, no Planetario da Casa das Ciencias, organizamos unha nova sesión titulada “Eclipses no cinema”, conducida polo crítico e divulgador Martin Pawley.

Trátase dunha actividade especial organizada en colaboración coa Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. O 12 de agosto de 2026, Galiza, e en especial A Coruña, vivirán un fito histórico: o único eclipse solar total en máis dun século. Será un evento astronómico de primeira magnitude. Para celebrar este acontecemento, propoñemos unha sesión na que revisaremos unha selección de filmes onde a ocultación do Sol pola Lúa cobra un papel protagonista.

Durante a sesión analizaremos como o cine retratou este fenómeno, con exemplos tan grandiosos como o reto técnico do clásico Barrabás, onde se filmou un eclipse real. Unha oportunidade perfecta para unir ciencia e cine nunha contorna inmellorable.

As prazas son limitadas á capacidade do planetario, así que a admisión será por orde de chegada.

DATOS DO EVENTO

Data: Martes, 27 Xaneiro 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Outros

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies