
O luns 29 de decembro, ás 19.30 h, trasladámonos ao Planetario da Casa das Ciencias para unha actividade especial organizada en colaboración coa Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
O 12 de agosto de 2026 Galicia, e moi especialmente A Coruña, vivirá un fito histórico: a única eclipse total de Sol en máis dun século. Será un evento astronómico de primeira magnitude que atraerá a miles de visitantes. Para celebrar a inminente entrada no ano da eclipse, propomos unha sesión na que repasaremos unha escolma de filmes onde a ocultación do Sol pola Lúa ten un papel protagonista.
Durante a sesión analizaremos como o cinema retratou este fenómeno, con exemplos tan grandiosos como o desafío técnico do clásico Barrabás, onde se chegou a filmar unha eclipse real. Unha oportunidade perfecta para unir ciencia e cine nun escenario inmellorable.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.