Encontro con Rawan Abdalah Irshaid

AC Alexandre Bóveda

O mércores 2 de abril, ás 19.30 h, teremos un encontro con Rawan Abdalah Irshaid.

Despois de décadas de ocupación, Israel pretende agora culminar a operación xenocidia que lle permitiría expulsar definitivamente o povo palestino da súa terra. Máis de 50.000 persoas mortas, millares de crianzas orfas e mutiladas, un modo de vida enterrado baixo os escombros. Rawan Abdalah Irshaid, filla de nai e pai palestinos obrigados a abandonar a súa patria, ofrécenos unha perspectiva íntima deste que será lembrado sen dúbida un dos crimes de lesa humanidade máis crueis do noso tempo.

Esta actividade faise en colaboración con UDCxPalestina.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 2 Abril 2025
Hora: 19:30
Tipo de evento: Encontro

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies