
O mércores 25 de marzo, ás 19:30 h, Vítor Vaqueiro presentará a súa nova obra Ensaios sobre o efémero, publicado por Galaxia.
Vítor Vaqueiro é unha das figuras máis polifacéticas das nosas letras: poeta recoñecido cos premios Esquío e da Crítica, novelista, ensaísta e un dos grandes estudosos da nosa etnografía, ademais de profesor de Fotografía. Nesta ocasión, preséntanos un volume de relatos estruturados en tres agrupamentos —“Anais”, “Biografías” e “Relatorios”— que percorren unha ampla singradura pola Historia. A obra está protagonizada por personaxes tanto ficticios como reais de culturas diversas: desde a Antigüidade clásica ata operarios da Terra Chá, pasando por construtores de pontes sobre o East River, mitoloxías bíblicas ou figuras como a almiranta Isabel Barreto.
Na presentación estará acompañado por Xosé María Álvarez Cáccamo.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.