Pensando o Futuro: Entre vivir e visitar: o reto urbano do turismo

Pensando o Futuro: Entre vivir e visitar: o reto urbano do turismo

O mércores 20 de maio ás 19:30 h, terá lugar o terceiro encontro do ciclo Pensando o Futuro coa intervención de María José Piñeira, profesora de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, baixo o título Entre vivir e visitar: o reto urbano do turismo.

A conferencia analizará a relación entre turismo e cidade, atendendo tanto aos impactos da presión turística como ás oportunidades de dinamización e mellora dos servizos. Examínanse os efectos sobre o mercado residencial, o espazo público e a vida cotiá da poboación, con especial atención ás dinámicas de concentración e saturación. Durante a sesión, exporanse chaves para avanzar cara a un equilibrio entre o dereito a habitar a cidade e a súa función como destino turístico.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 20 Maio 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies