
O mércores 9 de setembro, ás 19.30 horas, o noso local acolle unha palestra sobre a a epopea das emigrantes galegas en Cuba, que impartirá Arantxa Fernández Crespo, presidenta da Cátedra de Cultura Galega Xosé Neira Vilas da Universidade da Habana.
A charla abordará a masiva emigración de mulleres galegas a Cuba desde principios do século XX, as duras condicións e a explotación que sufriron na illa, e como o rexeitamento social por parte de entidades como o Centro Galego motivou o nacemento en 1917 da sociedade mutual Hijas de Galicia. Esta organización converteuse nun alicerce fundamental para garantir a asistencia sanitaria e os dereitos das emigrantes, chegando a ser unha das institucións máis relevantes do asociacionismo galego no exterior.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.