
O luns 11 de maio, ás 20:00 h, teremos a palestra titulada Era cesamento do fogo ou silenciar o xenocidio? A situación actual na Franxa de Gaza, a cargo do activista palestino Sami Ashour. Durante o encontro, o relator analizará a situación política, social e humanitaria que se vive actualmente en Gaza no complexo contexto bélico de Oriente Medio.
Sami Ashour Ashour, de orixe palestina, é graduado en Administración de Empresas pola Universidade Al-Azhar de Gaza. Obtivo o Diploma de Estudios Avanzados en Finanzas e Contabilidade pola USC, onde tamén cursou o Máster de Banca, Finanzas e Seguros, e acadou o doutoramento en Ciencias Económicas e Empresariais no ano 2014. Tras unha experiencia de dez anos no sector bancario en Palestina, no 2012 comezou a traballar na Oficina de Relacións Exteriores da USC e, dende o 2020, desenvolve o seu labor en proxectos internacionais na Vicerreitoría de Ciencias Políticas da mesma universidade.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR