
O luns 21 de setembro ás 20 horas presentamos o libro Espaços afetivos da Galiza na Lisboa actual de Antom Garcia Rodrigues, publicado por Laiovento.
A obra aborda a presenza galega na capital portuguesa desde unha perspectiva cultural, social e afectiva. O autor percorre as pegadas deixadas pola Galiza na cidade, dende as súas rúas, topónimos e profesións ata os espazos de encontro e relacións humanas. Máis alá da aproximación histórica, o texto reflexiona sobre os vínculos entre Galiza e Portugal, a identidade e a memoria.
Antom Garcia Rodrigues viviu en Lisboa, onde desenvolveu unha parte importante da súa investigación sobre a presenza galega na cidade, centrada na pegada cultural, afectiva e histórica de Galiza na Lisboa actual.
Contaremos ademais coa presenza de Xurxo Souto, un dos participantes e impulsores da recuperación da antiga romaría galega de Santo Amaro en Lisboa, celebrada de novo en 2022 tras 111 anos de ausencia e con Diego Rivadulla Costa que residiu en Lisboa durante varios meses en 2022, onde realizou unha estancia de investigación no Centro de Estudos Comparatistas da Universidade de Lisboa, desenvolvendo parte do seu traballo sobre literatura galega e estudos ibéricos.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.