
A emigración galega cara a América foi, para moitas persoas, unha vía de escape da pobreza e da desesperanza. Así a todo, tras os relatos de éxito e progreso, hai historias silenciadas de explotación e dor. Nesta palestra exploraremos un capítulo escuro da nosa historia: a prostitución forzada que sufriu un número alarmante de mulleres galegas en Cuba e Bos Aires.
Analizaremos as causas que levaron a estas mulleres para caer en redes de trata, a maquinaria de explotación que operaba a ambos lados do Atlántico e as loitas que, nalgúns casos, se deron para recuperar a dignidade e a liberdade.
Tamén afondaremos en como estas historias foron plasmadas no imaxinario popular, desde os tangos ata o cine e a literatura, pasando pola radio. As experiencias destas mulleres deixaron pegada non só nas crónicas da emigración, senón tamén na arte, onde ecos das súas vidas seguen resoando como testemuñas dun pasado que non debe ser esquecido.
Unha oportunidade para reflexionar sobre o impacto da emigración, o papel do xénero nas dinámicas de poder e a importancia de recuperar a memoria colectiva a través das voces e imaxes que mantiveron vivas estas historias.
De todo isto falaranos Jorge Castro Ruso, bibliotecario e cunha estreita relación co mundo da emigración galega. Desde o ano 1990 ata o 2007 impartiu cursos e coordinou actividades en centros galegos da Arxentina, Uruguai, Brasil, Venezuela, Cuba, Alemaña e Suíza, países aos que viaxou en repetidas ocasións. Traballou en diferentes etapas na Secretaría Xeral de Emigración da Xunta.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.