
O martes 20 de maio ás 19.30 h faremos unha visita guiada á exposición 70 anos da Agrupación Folklórica Aturuxo. Homenaxe ás Pandereteiras de Mens con Isabel García Quintela, presidenta de Aturuxo.
Na sala municipal de exposicións Salvador de Madariaga (R/ Durán Loriga, 10) está esta exposición que repasa os 70 anos de historia do Aturuxo e os 20 anos de actividade artística das cantareiras de Mens.
A exposición ofrece fotografías, artigos de prensa, documentación e obxectos da agrupación e lembra que foi na Coruña, no Teatro Colón, onde as Pandereteiras de Mens actuaron por primeira vez sobre un escenario galego, en maio de 1972.
Nesta visita gozaremos tamén dunha pequena actuación das pandereteiras de Aturuxo.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.