Foliada de Entroido: celebrando o Xoves de Comadres

AC Alexandre Bóveda

O xoves 27 de febreiro, o grupo de Cantos na taberna da AC Alexandre Bóveda sairemos polas rúas interpretando as coplas que temos preparadas para este Entroido e que engadimos ao remate deste texto.

Animádevos a acompañarnos neste percorrido que iniciaremos ás 19.30 h da tarde no local.

MUSEO LUGRÍS

Ei ven o vento do mare

Ei ven o vento mareiro

Que ben o pintou Lugrís

E non era mariñeiro (bis)

Queremos eiquí nos Olmos

Ter un museo de Lugrís

Pra que todo o mundo vexa

A un artista do país (bis)

Ei ven o vento do mare…..

Eu quero ver as serpentes

E as baleas no mare

E dos cadros de Lugrís

Poder todas disfrutare (bis)

Ei ven o vento do mare….

Non sei de quen é a culpa

Se da Xunta ou do Concello

Pero , póñanse de acordo

E montade xa o museo (bis)

Ei ven o vento do mare….

Lugrís naceu na Coruña

Inspirouse na súa ría

Tamén pasou por Malpica

E alí está na Confraría

Ei ven o vento do mare….

COPLA ENTROIDO 2025

Inés fai moitas promesas

Pero non ten os orzamentos

Se non cumpre o prometido

Todo queda en pensamentos

Governo municipal (bis)

Mira polos barrios (bis 3)

Que están mal

Moitos muíños de vento

En Suevos van colocar

Pois se Inditex os precisa

As veciñas a calar.

Governo municipal (bis)

Mira polos barrios (bis 3)

Que están mal

Moitos cartos derrochades

Nas grandes actuacións

Mentres ben nos apretades

ao pedirmos subvencións

e a cultura ben precisa

das vosas aportacións.

Governo municipal (bis)

Mira polos barrios (bis 3)

Que están mal

Anda mal a economía

Da nosa orquestra sinfónica

Que de seguir nesta vía

Aínda vai quedar afónica.

Governo municipal (bis)

Mira polos barrios (bis 3)

Que están mal

O edificio da cadea

Pra os veciños ten que ser

Amañade xa os papeis

Antes de velo caer

Governo municipal (bis)

Mira polos barrios (bis 3)

Que están mal

Mellores transportes públicos

Imos precisar agora

Porque coas obras na Vedra

Non chegaremos en hora.

Governo municipal (bis)

Mira polos barrios (bis 3)

Que están mal

E os Centros da Coruña

Moi cívicos non che son

Alí dan clases de todo

Pero de galego non

Non queremos Altri eiquí (bis)

Se é tan boa empresa

Como eles nos contan

Porque non a montan

En Madrid

(MAL) VIVIR NA CORUÑA

Se pasas por María Pita

Pregúntallea dona Inées… (bis)

cándo remata o arranxo

da rúa de Santo André? (bis)

Dille que fica bonita,

chusquiña e digna de veer… (bis)

pero que ande con ollo

de ónde mete o pée… (bis)

(retrouso 1)

Vivir na Coruña

que bonito é,

prós turistas o centro

arrecende moi ben…

Cando a folga, nos barrios

o lixo a feder,

cheirando ao chamusco

cando empeza a arder…

cando empeza a arder,

empeza a cheirar,

eran che as fogueiras,

coma as do San Xoán.

Seica xa van rematando

as obras daIntermodal…(bis)

madia leva o que duraron!

Nin que fose o Escoriaal… (bis)

A auga do mar é de todos,

os portos tamén o soon… (bis)

facer vivendas prós novos

seríachea solucióon…

berremos todos a coro:

“non máis especulacióon…”

(retrouso 2)

Vivir na Coruña

imposible é,

mercaar un piso,

ou pagar aluguer.

Ter unha familia,

podela manter,

traballo e non chego

nin a fin de mes…

Temos a Casa Cornide

que aínda segue okupada… (bis)

e xa todos ben sabemos

como é que foi rapiñada…

(sereiche claro e moi FRANCO

esa xentehai que botala!)

(retrouso 3)

Vivir na Coruña

que sano che é,

polo carril bici,

como debe ser;

de fochanca en fochanca

tí podes saltar,

ou vir esquiando

entre as cacas dos  cans…

(retrouso 1)

(retrouso 2)

 

Paco Campos, antroido 2025

DATOS DO EVENTO

Data: Xoves, 27 Febreiro 2025
Hora: 19:30
Tipo de evento: Outros

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies