
O venres 12 de xuño, ás 19.30 h, terá lugar no noso local a presentación e palestra Fotografías de Bélxica e Flandes. Esta actividade estará a cargo de Roberto Catoira, quen foi presidente da nosa entidade, e que compartirá a través dun relatorio e unha proxección visual as súas experiencias e as mellores estampas da súa viaxe polas terras belgas e flamengas.
Na actualidade, Roberto Catoira compaxina o seu labor como profesor coa súa activa participación na emisora comunitaria Cuac FM, onde dirixe «Recendo», o noso magacine cultural radiofónico de referencia sobre cultura galega. Convidámosvos a realizar este percorrido xunto a el para achegarnos á arquitectura, á historia e ás paisaxes destas rexións europeas.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.