O luns 21 de abril, ás 19.30 h, teremos unha conversa con Manuel Pérez Lorenzo, historiador e profesor de historia en secundaria, para tratar sobre a banalización do franquismo no ensino.
En case toda España a ultradereita está a prender con forza entre os adolescentes. Sorprende que, 50 anos despois de a súa morte, Franco pareza máis presente que nunca no ideario de moitos dos mozos. A escasa atención á memoria histórica nas aulas e unha relectura repleta de falsidades por parte dalgúns youtubers son algunhas das causas desta «fascinación» e do empeño en branquear unha das épocas máis escuras da nosa historia.
Trátase dunha actividade feita en colaboración coa Fundación Luzes dentro do ciclo Revisar os marcos.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR