
O xoves 6 de novembro, ás 19.30 h, teremos unha nova sesión do ciclo Pensando o Futuro. Será cunha palestra de Albino Prada, doutor e profesor de Economía baixo o título Galiza, un país desnortado e minguante, título do seu libro editado pola Universidade de Vigo en 2024.
Galiza entre 2000 e 2022 tería que ter medrado en medio millón de habitantes de seguir a tendencia media do reino de España, mentres a nosa poboación entre 16 e 34 anos pasou de 750.000 mozas e mozos en 2002 a 470.000 en 2023, unha caída que vai camiño da metade en vinte anos.
Velaí dous síntomas de que vivimos nun país minguante. Síntomas de que transitamos por baixo das sociedade da nosa contorna. Todo isto sucede por causa de andar desnortados, pois en recursos naturais, en potencial laboral, en sectores concretos demostramos que -de non atopar obstáculos- temos potencial para reverter aquela situación.
Albino Prada é economista. Traballa desde hai tempo na idea do que chama a Galiza minguante, as transformacións socioeconómicas que observa no país, que vai a menos pola falta de planificación e de políticas axeitadas do PP na Xunta.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.