Aínda que hoxe parezan ficar en silencio, as rúas da Coruña son protagonistas na historia da música popular galega: Dende a creación dos grandes coros até a revolución das pandeireteiras. Só cómpre comezar a camiñar –escoitar con atención– e as cantigas comezarán a agromar por todos os currunchos.
Percorreremos algunhas das rúas da Coruña desde a Pescaría a Monte Alto da man de Xurxo Souto, profesor, escritor, músico e sempre animador de proxectos culturais.
O punto de saída será xunto á igrexa de Santo André, ao lado do cruceiro.
DATOS DO EVENTO
PRAZAS ESGOTADAS
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR