Ciclo Pensando a Ciencia: Historias para entender o cambio climático

AC Alexandre Bóveda

O mércores 4 de decembro, ás 19.30 h, teremos unha nova sesión do ciclo Pensando a Ciencia: Mexilóns da Arousa, un experimento na casa e unha pota de caldo: historias para entender o cambio climático.

Esta sesión do ciclo de ciencia está dedicada ao cambio climático e será impartida por o xornalista ambiental, Juan F. Samaniego. Falaranos, en primeiro lugar, dos impactos do cambio climático que xa son reais en Galiza, para logo comentar as claves do cambio climático a través dos científicos que se foron decatando do que acontecía e rematar cunha terceira parte na que se dará resposta ás principais dúbidas que acostuma a ter a cidadanía sobre este tema e de como das nosas dúbidas se aproveita o negacionismo.

Juan é xornalista independente e nos últimos anos o seu traballo estivo centrado nos campos da ciencia e o medioambiente. Escribe regularmente para La Marea e o seu portal Climática, Carro de Combate e axencias como Prodixioso Volcán e Ubik Media.

Na actualidade, coordina e edita a newsletter semanal sobre medioambiente Planeta Mauna Loa en colaboración con Tania Alonso Cascallana.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 4 Decembro 2024
Hora: 19:30
Lugar: AC Alexandre Bóveda - Rúa Santo André, 36 - 1º - 15003 A Coruña
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies