
O Circo de Artesáns acolle o martes 3 de marzo, ás 19.30 h, a homenaxe que Cántigas da Terra e máis nós lle renderemos á figura máis senlleira das Irmandades da Fala: Antón Vilar Ponte.
Nado en Viveiro en 1881, desenvolveu unha intensa actividade política, xornalística e literaria. A comezos de 1916 decidiu crear na Coruña, coa axuda do seu irmán Ramón, a Liga de Amigos del Idioma Gallego, que axiña se convertería na primeira Irmandade dos Amigos da Fala, constituída o 18 de maio dese mesmo ano na cidade herculina. No seo das Irmandades, Vilar Ponte dirixiu A Nosa Terra, participou na fundación do Conservatorio Nazonal de Arte Galego –que chegaría a dirixir– e foi presidente, entre 1927 e 1929, de Cántigas da Terra, o coro creado polas Irmandades da Fala en 1916. Fondamente comprometido coa nación galega, foi elixido en 1931 deputado ás Cortes Constituíntes pola ORGA e, cinco anos máis tarde, resultou novamente elixido deputado, desta vez polo Partido Galeguista. Finou na Coruña o 4 de marzo de 1936.
Nesta homenaxe poderemos gozar da actuación do coro de Cántigas da Terra e da lectura de textos do propio Vilar Ponte.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.